viernes, 2 de septiembre de 2011

Mr. Vértigo

de Paul Auster
Un mestre que atopa ao seu discípulo, a actuación do Ku-Klux-Klan, unha aprendizaxe dura en estremo. O libro mostra como tra-lo triunfo pode vir a caída, e a continuación a recuperación, deixando en cada ciclo unha parte da persoa, refinándoa e descubrindo o que agocha cada un.
O mellor: o vizoso e rico modo de narrar, que consegue atraparte durante a segunda mitade do libro; as descricións dos espectáculos; a crudeza e sinxeleza coa que o protagonista relata os seus pensamentos; o momento do accidente; o final. Encantoume tamén a tradución ao galego.

No hay comentarios: